Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Venres, 7 de outubro de 2016 Páx. 46158

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 5 de setembro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Arteixo (expediente IN407A 2016/2972-1).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Lidl Supermercados, S.A.

Domicilio social: rúa Beat Oriol, pl. La Granja, 08110 Montcada I Reixac, Barcelona.

Denominación: proxecto LMT e centro de transformación para Lidl de Arteixo.

Situación: avenida Arsenio Iglesias, 43, polígono de Sabón-Arteixo (A Coruña).

Características técnicas: liña de media tensión soterrada, con inicio na liña de distribución SBN714, entre os CT 15CJP1 e 15CJQ1, condutor RHZ1 2OL 12/20 kV 3 (1×240 mm2) Al, lonxitude 5 m, e fin no CS proxectado.

Centro de seccionamiento en edificio prefabricado de formigón. Celas prefabricadas de entrada, saída e derivación con interruptores-seccionadores (24 kV, 400 A, 16 kA).

Centro de transformación en edificio prefabricado de formigón compartido co CS, con celas prefabricadas de seccionamento, protección e medida (24 kV, 400 A, 16 kA) e un transformador de 400 kVA, refrixeración natural en baño de aceite mineral, e relación 15-20 kV/420 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e/ou presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 1º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días contados a partir do día seguinte ao da publicación, segundo dispoñen os artigos 48 e 86 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

A Coruña, 5 de setembro de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña