Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Venres, 7 de outubro de 2016 Páx. 46234

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

CÉDULA do 8 de setembro de 2016, da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela, pola que se lles notifican ás persoas relacionadas os prazos de ingreso, en período voluntario e en período executivo, polos servizos sanitarios prestados no Hospital da Barbanza (Ribeira).

Mediante esta cédula, e debido a que os debedores comprendidos na relación que a continuación se insire non puideron ser atopados nos enderezos que figuran nos rexistros deste centro, ou que alegaron distintos motivos para non recibir as notificacións as persoas que a lexislación autoriza para facerse cargo delas, comunícase que:

Deberán ingresar o importe da débeda na conta bancaria 0081 5363 21 0001082819 do Banco Sabadell nos prazos que se sinalan no artigo 62 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.

Unha vez transcorrido o prazo indicado no citado artigo sen que se producise o cobramento, iniciarase o período executivo.

Contra esta liquidación poderase interpor no prazo dun mes, contado desde o día seguinte a esta notificación, recurso potestativo de reposición ante o órgano emisor ou, no mesmo prazo, reclamación económico-administrativa ante a Xunta Superior de Facenda (Xunta de Galicia).

Para que conste, lle sirva de notificación aos interesados e en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula. Queda supeditada a eficacia desta notificación á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Ribeira, 8 de setembro de 2016

Luis Verde Remeseiro
Xerente de Xestión Integrada de Santiago de Compostela

ANEXO

Suxeito pasivo

DNI/NIF

Concepto

Período

Débeda

García Seijo, Eloy

033336738D

Fra. 201530433

8.5.2015

401,94 €

Ouviña Castro, Enma

52931543X

Fra. 201630189

9.3.2016

361,59 €

Díaz Antolín, Ana María

016070225X

Fra. 201630514

21.7.2016

361,59 €