Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Venres, 7 de outubro de 2016 Páx. 46076

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Presidencia da Xunta de Galicia

DECRETO 133/2016, do 6 de outubro, polo que se dispón que cese o presidente do Consello Galego de Relacións Laborais.

En virtude do establecido no artigo 9 da Lei 5/2008, do 23 de maio, pola que se regula o Consello Galego de Relacións Laborais, e no artigo 13 do seu Regulamento de réxime interno de organización e funcionamento, publicado no DOG núm. 221, do 13 de novembro de 2008, tras a preceptiva comunicación ao Pleno do dito consello e presentada a renuncia expresa ante a Presidencia da Xunta de Galicia,

DISPOÑO:

Artigo único. Que cese, por petición propia, como presidente do Consello Galego de Relacións Laborais, Demetrio Fernández López, agradecéndolle os servizos prestados.

Santiago de Compostela, seis de outubro de dous mil dezaseis

Alberto Núñez Feijóo
Presidente