Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Xoves, 6 de outubro de 2016 Páx. 46034

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 21 de setembro de 2016, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, sobre as modificacións e cancelacións das sociedades agrarias de transformación (SAT).

En cumprimento das funcións que lle están atribuídas a esta Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, e para xeral coñecemento, acórdase publicar a relación das sociedades agrarias modificadas conforme o Real decreto 1776/1981, do 3 de agosto, e á Orde da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, do 29 de abril de 1988, inscritas no Rexistro de SAT de Galicia, que se citan.

A) Modificacións:

a) A sociedade agraria de transformación A Tolda, SAT nº 1256 XUGA na asemblea xeral do 5 de xullo de 2016, acordou:

1. Renovar os cargos da Xunta Reitora composta por: José Llanes Rodríguez, presidente; Cecilia Llanes Ónega, secretaria; José Barreira Llanes e María Ramona Ónega Veiga, vogais.

b) A Sociedade Agraria de Transformación Cabana, SAT nº 1071 XUGA, na asemblea xeral do 4 de xullo de 2016, acordou:

1. Renovar os cargos da Xunta Reitora que pasa a estar conformada por: José Celso Folgueira Murado, presidente; Óscar Ferreiros López, secretario; Antonio Murado Gesto e Alberto Rodríguez Alvite, vogais.

c) A Sociedade Agraria de Transformación Daviña, SAT nº 1166 XUGA, na asemblea xeral do 23 de xullo de 2016, acordou:

1. Renovar os cargos da Xunta Reitora que pasa a estar conformada por: Samuel López Vázquez, presidente; Iván López Fernández, secretario; Pamela López Fernández e Áurea Fernández Sindín, vogais.

d) A Sociedade Agraria de Transformación Otero Novo, SAT nº 1170 XUGA, na asemblea xeral do 17 de xullo de 2016, acordou:

1. Renovar os cargos da Xunta Reitora que está conformada por: José Luis Otero Cuesta, presidente; José Luis Otero Novo, secretario; Josefa Novo Barral López, vogal.

e) A Sociedade Agraria de Transformación Crisanto, SAT nº 1306 XUGA, na asemblea xeral do 5 de agosto de 2016, acordou:

1. Renovar os cargos da Xunta Reitora que pasa a estar conformada por: Crisanto Cuba Cendán, presidente; María Cuba Alonso, secretaria; José Ramón Cuba Alonso, Rocío Cuba Alonso e María Dolores Alonso Cortiñas, vogais.

f) A Sociedade Agraria de Transformación Horticultores del Umia, SAT nº 475 XUGA, nas asembleas xerais do 29 de abril e 1 de xullo de 2016, acordou:

1. Modificar o artigo 11 dos estatutos sociais que queda redactado tal e como consta na acta da asemblea xeral do 29 de abril de 2016.

2. Renovar os cargos da Xunta Reitora que pasa a estar conformada por: Juan José Calo Núñez, presidente; María José Pérez Portas, secretaria; José Emilio Almeida Fresco, tesoreiro; Rosario Serantes Abal, Alberto Quintáns Cores, Mercedes Serantes Serantes e Mª Carmen Pazos Charlín, vogais.

g) A Sociedade Agraria de Transformación A Vereda, SAT nº 1378 XUGA, na asemblea xeral do 5 de agosto de 2016, acordou:

1. Renovar os cargos da Xunta Reitora que está conformada por: Manuel Iglesia Iglesia, presidente; Manuel Sandamil Cabana, secretario; Josefa Muinelo Murado, José Antonio Iglesia Iglesia, María Anllo Eiras, Esther Cabana Pérez, Jesús Vicente Villamel Lodos, Mª Irene Villapol Rodríguez e Óscar Castro García, vogais.

h) A sociedade agraria de transformación Gocalvesa, SAT nº 1229 XUGA, na asemblea xeral do 27 de xullo de 2016, tomou os seguintes acordos:

1. Aprobar a baixa da socia María Inés Gómez Rodríguez e a transmisión da súa participación no capital social, 43.500 títulos por valor de 43.500,00 euros, ao seu fillo e socio José Antonio Santos Gómez.

2. Como consecuencia da modificación anterior, o capital social queda distribuído entre os socios do seguinte xeito:

José Antonio Santos Gómez

87.000 títulos

87.000,00 €

33,33 % participación

Higidio Calviño Vázquez

43.500 títulos

43.500,00 €

16,67 % participación

Mario Veiga Fraga

43.500 títulos

43.500,00 €

16,67 % participación

Rosalía Saavedra Carballo

43.500 títulos

43.500,00 €

16,67 % participación

Marta Saavedra Carballo

43.500 títulos

43.500,00 €

16,67 % participación

3. Modificar o artigo 11 dos estatutos que queda redactado como segue:

«A Xunta Reitora é o órgano colexiado de goberno, representación e administración ordinaria da SAT, correspondéndolle a dirección da xestión económica e das actividades que se vaian desenvolver, estendéndose a súa competencia a canto non estea atribuído á Asemblea Xeral.

Para considerarse validamente constituída e adoptar acordos, requirirase a asistencia de, como mínimo, a metade dos seus membros.

A Xunta Reitora estará composta por 5 membros, os cales terán a condición de socios, elixidos para un período de 4 anos podendo ser reelixidos.

Os cargos que se desempeñarán na Xunta Reitora serán o de presidente, secretario e o resto dos compoñentes terán a condición de vogais. A súa elección efectuarase por votación secreta, elixíndose por separado presidente e secretario».

4. Modificar os cargos da Xunta Reitora que pasa a estar composta por: José Antonio Santos Gómez, presidente; Higidio Calviño Vázquez, secretario; Mario Veiga Fraga, Rosalía Saavedra Carballo e Marta Saavedra Carballo, vogais.

i) A Sociedade Agraria de Transformación Cando, SAT nº 1254 XUGA, na asemblea xeral do 25 de agosto de 2016, acordou:

1. Renovar os cargos da Xunta Reitora que está conformada por: José Manuel Fernández Táboas, presidente; Juan Pablo Fernández Iravedra, secretario; Nieves Iraveda Novo, vogal.

2. Modificar o artigo 11 dos estatutos que queda redactado como segue:

«A Xunta Reitora é o órgano colexiado de goberno, representación e administración ordinaria da SAT, correspondéndolle a dirección da Xestión económica e das actividades que se van desenvolver, extendendo a súa competencia a canto non estea atribuído á Asemblea Xeral.

Para considerarse validamente constituída e adoptar acordos, requirirase a asistencia de, como mínimo, a metade dos seus membros.

A Xunta Reitora estará composta por 3 membros, os cales terán a condición de socios, elixidos para un período de 4 anos podendo ser reelixidos.

Os cargos que se desempeñarán na Xunta Reitora serán o de presidente, secretario e o resto dos compoñentes terán a condición de vogais. A súa elección efectuarase por votación secreta, elixíndose por separado presidente e secretario».

j) A Sociedade Agraria de Transformación Eiravedra, SAT nº 1225 XUGA, na asemblea xeral do 1 de setembro de 2016, acordou:

1. Renovar os cargos da Xunta Reitora que pasa a estar conformada por: Marybel Iglesia Rodríguez, presidente; Josefa Rodríguez Ramudo, secretaria; Felipe Iglesia Rodríguez, vogal.

k) A Sociedade Agraria de Transformación Ganadería Insua SAT nº 943 XUGA, na asemblea xeral do 2 de setembro de 2016, acordou:

1. Aprobar a redución do capital social do socio Enrique Vilas Iglesias en 973,62 euros, dous títulos. O socio pasa a ter unha participación de 52 resgardos.

2. Aceptar a baixa do socio Enrique Vilas Iglesias e a transmisión da súa participación no capital social aos socios José María Vilas Raviña, Adrián Vilas Iglesias e Purificación Iglesias Bendaña, a razón de 17, 25 e 10 títulos, respectivamente.

3. Aceptar a baixa da socia María Raviña Otero e a transmisión da súa participación no capital social, 50 títulos, á socia Purificación Iglesias Bendaña.

4. Como consecuencia das modificacións anteriores, o capital social distribúese entre os socios do seguinte xeito:

José María Vilas Raviña

117 títulos

56.956,77 €

33,33 % participación

Purificación Iglesias Bendaña

117 títulos

56.956,77 €

33,33 % participación

Adrián Vilas Iglesias

117 títulos

56.956,77 €

33,33 % participación

5. Aprobar a modificación do artigo 2 dos estatutos sociais que queda redactado como segue:

«O capital social cífrase en 170.870,31 euros e estará representado por 351 títulos nominativos de 486,81 euros cada un deles.

Os títulos autorizados coas sinaturas do presidente e secretario, figurando nestes os datos do número 3 do artigo anterior, a identidade do titular, a data do acordo de emisión, o valor nominal de cada un, os prazos e contía dos desembolsos e a data na que se expide. A cada socio seranlles extendidos tantos títulos como correspondan ao valor da súa achega.

No libro de rexistro de socios anotarase a achega de cada un ao capital da SAT, número de títulos e desembolsos efectuados».

6. Modificar o artigo 11 dos estatutos que queda redactado como segue:

«A Xunta Reitora é o órgano colexiado de goberno, representación e administración ordinaria da SAT, correspondéndolle a dirección da xestión económica e das actividades que se vaian desenvolver, extendendo a súa competencia a canto non estea exclusivamente atribuído á Asemblea Xeral.

Para considerarse validamente constituída e adoptar acordos, requirirase a asistencia de, como mínimo, a metade dos seus membros.

A Xunta Reitora estará composta por 3 membros, os cales terán a condición de socios, elixidos para un período de 6 anos podendo ser reelixidos.

Os cargos que se vaian desempeñar na Xunta Reitora serán os de presidente, secretario e o resto dos compoñentes terán a condición de vogais. A súa elección efectuarase por votación secreta, elixíndose por separado presidente e secretario.

A renovación farase cada 6 anos renovándose na súa totalidade».

7. Modificar os cargos da Xunta Reitora que pasa a estar composta por: José María Vilas Raviña, presidente; Purificación Iglesias Bendaña, secretaria; Adrián Vilas Iglesias, vogal.

l) A Sociedade Agraria de Transformación Gandería As Rías SAT nº 1312 XUGA, na asemblea xeral do 7 de setembro de 2016, acordou:

1. Aprobar a redución do capital social da socia María Recouso Caamaño en 60.143,10 euros, 29 títulos. A socia pasa a ter unha participación de 38 resgardos.

2. Aceptar a baixa da socia María Recouso Caamaño e a transmisión da súa participación no capital social, 38 títulos, á socia Raquel Castro Recouso.

3. Como consecuencia das modificacións anteriores, o capital social distribúese entre os socios do seguinte xeito:

José Ramón Castro Recouso

67 títulos

138.951,30 €

33,33 % participación

Raquel Castro Recouso

67 títulos

138.951,30 €

33,33 % participación

Begoña Castro Recouso

67 títulos

138.951,30 €

33,33 % participación

4. Aprobar a modificación do artigo 2 dos estatutos sociais que queda redactado como segue:

«O capital social cífrase en 416.853,90 euros e estará representado por 201 títulos nominativos de 2.073,90 euros cada un deles.

Os títulos autorizados coas sinaturas do presidente e secretario, figurando nestes os datos do número 3 do artigo anterior, a identidade do titular, a data do acordo de emisión, o valor nominal de cada un, os prazos e contía dos desembolsos e a data na que se expide. A cada socio seranlles extendidos tantos títulos como correspondan ao valor da súa achega.

No libro de rexistro de socios anotarase a achega de cada un ao capital da SAT, número de títulos e desembolsos efectuados.”

5. Modificar o artigo 11 dos estatutos que queda redactado como segue:

«A Xunta Reitora é o órgano colexiado de goberno, representación e administración ordinaria da SAT, correspondéndolle a dirección da xestión económica e das actividades que se vaian desenvolver, extendendo a súa competencia a canto non estea exclusivamente atribuído á Asemblea Xeral.

Para considerarse validamente constituída e adoptar acordos, requirirase a asistencia de, como mínimo, a metade dos seus membros.

A Xunta Reitora estará composta por 3 membros, os cales terán a condición de socios, elixidos para un período de 6 anos podendo ser reelixidos.

Os cargos que se vaian desempeñar na Xunta Reitora serán os de presidente, secretario e o resto dos compoñentes terán a condición de vogais. A súa elección efectuarase por votación secreta, elixíndose por separado presidente e secretario.

A renovación farase cada 6 anos renovándose na súa totalidade».

6. Modificar os cargos da Xunta Reitora que pasa a estar composta por: José Ramón Castro Recouso, presidente; Raquel Castro Recouso, secretaria; Begoña Castro Recouso, vogal.

m) A Sociedade Agraria de Transformación Ferreiro García nº 1418 XUGA, na asemblea xeral do 23 de xuño de 2016, acordou:

1. Aprobar a baixa da socia Carmen Ferreiro Touriñán e a transmisión da súa participación no capital social, 8 títulos, aos socios Mercedes Lema Rodríguez e Estefan García Lema, a razón de 4 títulos cada un deles.

2. Como consecuencia das modificacións anteriores, o capital social, 24.000,00 euros, distribúese entre os socios do seguinte xeito:

Manuel García Ucha

8 títulos

8.000,00 €

33,33 % participación

Mercedes Lema Rodríguez

8 títulos

8.000,00 €

33,33 % participación

Estefan García Lema

8 títulos

8.000,00 €

33,33 % participación

3. Modificar o artigo 11 dos estatutos que queda redactado como segue:

«A Xunta Reitora é o órgano colexiado de goberno, representación e administración ordinaria da SAT, correspondéndolle a dirección da xestión económica e das actividades que se van desenvolver, estendendo a súa competencia a canto non estea atribuído á Asemblea Xeral.

Para considerarse validamente constituída e adoptar acordos, requirirase a asistencia de, como mínimo, a metade dos seus membros.

A Xunta Reitora estará composta por tres membros, os cales terán a condición de socios, elixidos para un período de catro anos podendo ser reelixidos.

Os cargos que se desempeñarán na Xunta Reitora serán o de presidente, secretario e vogal. A súa elección efectuarase de entre os socios, pola asemblea xeral, mediante o sistema de candidaturas pechadas encabezadas polos candidatos a presidente e a secretario.

A renovación realizarase por metade cada dous anos renovándose na primeira metade o presidente e o vogal, e na segunda o secretario. Ao vogal asignaráselle a función de tesoureiro».

4. Modificar os cargos da Xunta Reitora que pasa a estar composta por: Manuel García Ucha, presidente; Mercedes Lema Rodríguez, secretaria; Estefan García Lema, vogal.

5. Cambio do nome da SAT que pasa a denominarse Lúa.

6. Modificación do domicilio social e fiscal que se fixará no lugar de Castelo, 59 do concello de Muxía (A Coruña).

n) A Sociedade Agraria de Transformación Casa Eduardo, SAT nº 1131 XUGA, na asemblea xeral do 3 de setembro de 2016, acordou:

1. Renovar os cargos da Xunta Reitora que pasa a estar conformada por: Esther Rodríguez Muinelo, presidenta; María Carmen Muinelo Barja, secretaria; Eduardo Rodríguez Rodríguez, Beatriz Rodríguez Muinelo e María Carmen Rodríguez Muinelo, vogais.

o) En execución da sentenza nº 00295/2016 da Sección Terceira da Audiencia Provincial da Coruña, anúlase a inscrición nº 3 do folio 180, folla 180, tomo IV do Libro de Rexistro de Sociedades Agrarias de Transformación de Galicia, correspondente aos acordos tomados pola Sociedade Agraria de Transformación Sanfoga, SAT nº 1383 XUGA na asemblea xeral celebrada o 15 de xaneiro de 2014.

Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2016

Belén Mª do Campo Piñeiro
Directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias