Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Xoves, 6 de outubro de 2016 Páx. 46033

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 14 de setembro de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a resolución ditada no procedemento tramitado por esta xefatura (expediente 2006/108/27).

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común notifícaselle á persoa interesada, que se indica a continuación, a resolución ditada polo xefe territorial no expediente administrativo instruído conforme ao disposto na Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia, logo dos intentos de notificación realizados sen que fose posible practicar a dita notificación por descoñecer o domicilio do interesado.

A persoa interesada poderá interpor recurso á resolución recaída no expediente, definitiva en vía administrativa, no Xulgado de Primeira Instancia de Lugo, que por quenda lle corresponda, no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, sen necesidade de reclamación administrativa previa, de conformidade co artigo 780.1 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

O expediente atópase á disposición da persoa interesada no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Política Social, rolda da Muralla, 70, planta baixa onde, no prazo de dez (10) días contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, poderá comparecer para efectos do coñecemento do contido íntegro da resolución, de luns a venres laborables das 9.00 ás 14.00 horas, advertíndolle que, de non facelo, se lle terá por notificada.

Número do expediente: 2006/108/27.

Interesado: Edilson Cardona López.

Data da resolución: 30 de agosto de 2016.

Asunto: modificación de recurso.

Lugo, 14 de setembro de 2016

Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo