Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Xoves, 6 de outubro de 2016 Páx. 46013

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 12 de setembro de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se anuncia o levantamento de actas previas á ocupación dos terreos necesarios para proseguir cos labores de explotación da concesión mineira de ampliación As Revas, número 5873, situada no termo municipal de Mondoñedo.

Mediante Decreto 68/2016, do 2 de xuño, declarouse, segundo o artigo 105 da Lei 22/1973, do 21 de xullo, de minas, e para os efectos dispostos no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, a urxente ocupación dos predios que é necesario expropiar para dar continuidade aos labores da concesión mineira de ampliación As Revas, número 5873 no concello de Mondoñedo.

Baseándose no anterior, esta xefatura territorial, en cumprimento do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, resolve convocar, o día 17 de outubro de 2016, no Concello de Mondoñedo, todas as persoas afectadas coas cales non se chegou a un acordo, incluídas na relación de bens e dereitos que se xunta como anexo á presente resolución, e tamén para a súa exposición no taboleiro de anuncios da Casa do Concello de Mondoñedo (relación deducida da que se someteu a información pública no Diario Oficial de Galicia do 28 de setembro de 2015, no Boletín Oficial da provincia de Lugo, do 18 de setembro de 2015 e no xornal El Progreso do 24 de setembro de 2015), para que comparezan na casa do concello como punto de reunión para, de conformidade co procedemento que se establece no citado artigo, levar a cabo o levantamento de actas previas á ocupación dos terreos.

Desta convocatoria darase traslado aos interesados mediante a oportuna cédula de citación individual, na cal se sinalará día e hora para o levantamento de actas previas e, así mesmo, mediante exposición no taboleiro de anuncios do Concello de Mondoñedo. Todos os interesados, así como as persoas que sexan titulares de calquera clase de dereitos ou intereses sobre os bens afectados, deberán acudir persoalmente ou representados pola persoa debidamente autorizada, e achegarán os documentos acreditativos da súa titularidade e o último recibo da contribución. Poderán ir acompañados dos seus peritos e dun notario pola súa conta (artigo 52.3 da Lei de expropiación forzosa).

Así mesmo, advírteselles a todos os interesados que poderán formular alegacións por escrito nesta xefatura territorial ata o momento do levantamento de actas previas, para os únicos efectos de emendar os posibles erros cometidos na relación de bens e dereitos afectados (artigo 56.2 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa).

Esta publicación realízase igualmente para os efectos que determina o artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificado pola Lei 4/1999, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, e así entender as dilixencias co Ministerio Fiscal segundo o establecido no artigo 5 da Lei de expropiación forzosa.

Lugo, 12 de setembro de 2016

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados

Provincia: Lugo.

Termo municipal: Mondoñedo.

Polígono

Parcela

Lugar

Cultivo

Sup. parcela

(m2)

Sup. que se expropiará

Propietario e enderezo

503

550

Trigueira

Agrario (matogueira)

28.080

28.080

Erundina García Leiras

Veira do Río, nº 2

27742 Mondoñedo (Lugo)

503

551

Aveas

Agrario (prados e praderías)

9.270

9.270

Mª Carmen Balseiro Pérez

Soutoxoane, s/n

27742 Sta. Mª Maior, Mondoñedo (Lugo)

503

552

Aveas

Agrario (matogueira)

5.200

5.200

Virginia Pérez Pérez

Soutoxoane, s/n

27742 Sta. Mª Maior, Mondoñedo (Lugo)