Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Xoves, 6 de outubro de 2016 Páx. 46015

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 21 de setembro de 2016 pola que se fai pública a formalización do contrato de obras de mellora das condicións de humidade na igrexa de Santa Comba de Bande, concello de Bande, provincia de Ourense (contratación documentalmente simplificada).

De acordo co previsto no artigo 154 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=26631

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 90, do 12 de maio de 2016.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: obras, non suxeito a regulación harmonizada.

b) Descrición: obras de mellora das condicións de humidade na igrexa de Santa Comba de Bande, concello de Bande (Ourense).

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación: 54.793,10 €, IVE excluído.

5. Formalización do contrato:

a) Data da adxudicación: 14 de setembro de 2016.

b) Data da formalización do contrato: 21 de setembro de 2016.

c) Contratista: Restauraciones y Construcciones Luis J. Sánchez, S.A. (Resconsa).

d) Importe de adxudicación: 47.724,79 €, IVE excluído.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, logo da aplicación dos criterios de adxudicación que se establecen no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.

Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2016

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
P.D. (Orde do 25.1.2012)
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria