Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Xoves, 6 de outubro de 2016 Páx. 45985

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (62/2016).

Eu, Alberto López Luengo, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento ordinario 62/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Pilar Ríos Lamas contra o Fondo de Garantía Salarial e a empresa Centro de Enseñanza Aprendo, S.L., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se achega:

«Resolvo que, aceptando a demanda interposta por Mª Pilar Ríos Lamas fronte á empresa Centro de Enseñanza Aprendo, condeno a demandada a que lle aboe á demandante a cantidade de 15.811,56 euros, máis o xuro legal do 10 % por mora respecto ás cantidades de natureza salarial, a teor do disposto artigo 29.3 do ET.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, nun prazo de cinco días, conforme dispoñen os artigos 191 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social.

Así, por esta sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma ao Centro de Enseñanza Aprendo, S.L., en paradoiro ignorado, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 15 de setembro de 2016

O letrado da Administración de xustiza