Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Mércores, 5 de outubro de 2016 Páx. 45868

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

CORRECCIÓN de erros. RESOLUCIÓN do 5 de agosto de 2016 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para o desenvolvemento do Plan Foexga 2016-2017, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, así como a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva.

Advertidos erros na referida resolución, publicada no DOG núm.165, do 1 de setembro de 2016, procede facer as seguintes correccións:

– Na páxina 38762, na letra c) do punto 1 do artigo 8, onde di: «c) Que estean dadas de alta en programas avanzados de Igape de apoio á internacionalización con informe positivo. A solicitude de alta en programas avanzados de Igape de apoio á internacionalización deberá facerse antes do remate do prazo de presentación de solicitudes de axuda, a través do procedemento do Igape IG192», debe dicir: «c) Que estean dadas de alta en programas avanzados de Igape de apoio á internacionalización con informe positivo. A solicitude de alta en programas avanzados de Igape de apoio á internacionalización deberá facerse antes da presentación da solicitude de participación na acción (anexo III), a través do procedemento do Igape IG192».

– Na páxina 38794, no anexo VI «Modelo de convocatoria», nos requisitos dos beneficiarios, onde di: «• Que estean dadas de alta en programas avanzados de Igape de apoio á internacionalización con informe positivo. A solicitude de alta en programas avanzados do Igape de apoio á internacionalización deberá facerse antes do remate do prazo de presentación de solicitudes de axuda, a través do procedemento do Igape IG192.», debe dicir: «• Que estean dadas de alta en programas avanzados de Igape de apoio á internacionalización con informe positivo. A solicitude de alta en programas avanzados do Igape de apoio á internacionalización deberá facerse antes da presentación da solicitude de participación na acción (anexo III), a través do procedemento do Igape IG192».

– Na páxina 38797, no anexo VI «Modelo de convocatoria», na táboa dos conceptos subvencionables, onde di: «Taxa de visado e seguro de viaxe», debe dicir: «Taxa de visado e seguro de viaxe dunha persoa da empresa participante e parte proporcional dunha persoa da cámara organizadora».

– Na páxina 38799, no anexo VII «Requisitos de comunicación do financiamento público», no punto de Responsabilidade do beneficiario, no punto 1, onde di: «1. En todas as medidas de información e comunicación que leve a cabo, o beneficiario deberá recoñecer o apoio do Consorcio, do Igape, da Xunta de Galicia e do Feder ao proxecto, incluíndo a imaxe institucional do Igape e da Xunta de Galicia (…).», debe dicir: «1. En todas as medidas de información e comunicación que leve a cabo, o beneficiario deberá recoñecer o apoio do Igape, da Xunta de Galicia e do Feder ao proxecto, incluíndo a imaxe institucional do Igape e da Xunta de Galicia (…)».

– Na páxina 38800, no anexo VII «Requisitos de comunicación do financiamento público», no punto de Responsabilidade do beneficiario, na letra b) do punto 2, onde di: «b) Colocar polo menos un cartel con información sobre o proxecto (dun tamaño mínimo A3), no cal se mencionará a axuda financeira do Igape, da Xunta de Galicia do Consorcio e de Feder, nun lugar visible para o público, por exemplo, na entrada do edificio.», debe dicir: «b) Colocar polo menos un cartel con información sobre o proxecto (dun tamaño mínimo A3), no cal se mencionará a axuda financeira do Igape, da Xunta de Galicia e de Feder, nun lugar visible para o público, por exemplo, na entrada do edificio».