Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Mércores, 5 de outubro de 2016 Páx. 45883

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 157/2016).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 157/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Cristina Ayaso Santos contra Denim Sport Wear, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), ditouse a seguinte resolución:

Auto:

Maxistrada xuíza: Paula Méndez Domínguez.

En Santiago de Compostela o quince de setembro de dous mil dezaseis.

Antecedente de feito único. Cristina Ayaso Santos presentou escrito en que solicita a execución da Sentenza número 125/16, do 31.5.2016, ditada no PO 70/13 fronte a Denim Sport Wear, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

Fundamentos de dereito:

Primeiro. Este Xulgado do Social número 1 examinou a súa xurisdición, competencia obxectiva e territorial, e entende que na demanda de execución de título xudicial concorren os presupostos e requisitos procesuais exixidos pola lei, e debe despacharse esta de conformidade co disposto no artigo 237 da LXS e concordantes.

Segundo. De conformidade co mencionado título que se executa, e a solicitude de execución presentada, a cantidade pola que se despacha execución é de 6.799,6 euros en concepto de principal (5.009,80 euros en concepto de pagas extra e salario, máis 1.789,8 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 ET) e de 679,96 euros en concepto provisional de xuros de demora e custas calculadas segundo o criterio do 251.1 da LXS, polo que non excede, para os primeiros, do importe dos que se devindicarían durante un ano e, para as custas, do 10 por 100 da cantidade obxecto de constrinximento en concepto de principal.

Terceiro. Dispón o artigo 251.2 da LXS que, sen prexuízo do disposto no artigo 576 da LAC, subsidiariamente aplicable, transcorridos tres meses do despacho da execución sen que o executado cumpra na súa integridade a obriga, se se aprecia falta de dilixencia no cumprimento da executoria, se tiver incumprido a obriga de manifestar bens ou se tiveren ocultado elementos patrimoniais transcendentes na devandita manifestación, poderá incrementarse o xuro legal que hai que aboar en dous puntos.

Cuarto. Se a parte executada cumpre na súa integridade a obriga exixida contida no título, incluído no caso de execución monetaria o aboamento dos xuros procesuais, se proceden, dentro do prazo dos vinte días seguintes á data de firmeza da sentenza ou resolución xudicial executable ou desde que o título quedase constituída ou, se é o caso, desde que a obriga declarada no título executivo fose exixible, non se lle impoñerán as custas da execución que se tiver instado, en aplicación do previsto no artigo 239.3 da LXS.

Quinto. En virtude do disposto no artigo 551.3 da LAC, ditado o auto polo/a maxistrado/a, o letrado da Administración de xustiza responsable da execución, no mesmo día ou no día seguinte hábil, ditará decreto cos contidos previstos en citado precepto.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva:

Dispoño: despachar orde xeral de execución da sentenza número 125/16, do 31.5.2016, ditado no PO 70/13, a favor da parte executante, Cristina Ayaso Santos, fronte a Denim Sport Wear, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), parte executada, por importe de 6.799,6 euros en concepto de principal (5.009,80 euros en concepto de pagas extra e salario, máis 1.789,8 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 ET), máis outros 679,96 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan devindicarse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

O presente auto, xunto co decreto que ditará o/a letrado da Administración de xustiza, e copia da demanda executiva, serán notificados simultaneamente á parte executada, tal e como dispón o artigo 553 da LAC, quedando a executada apercibida para os efectos mencionados nos razoamentos xurídicos terceiro e cuarto desta resolución, e conforme dispoñen os artigos 251.2 e 239.3 da LXS.

Contra este auto poderá interpoñerse recurso de reposición, ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación, no cal ademais de alegar as posibles infraccións en que puidese incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, poderá deducirse a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que tiveren acaecido con posterioridade á súa constitución do título, non sendo a compensación e débedas admisible como causa de oposición á execución.

Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 1 aberta en Banco Santander, S.A., conta número 0049 3569 9200 0500 1274, debendo indicar no campo concepto “recurso” seguido do código “30 social-reposición”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír, tras a conta referida, separado por un espazo, o “código 30 social-reposición”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando no campo de observacións a data da resolución recorrida utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento en todo caso, o Ministerio Fiscal, o estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina a súa señoría. Dou fe.

O/a maxistrado/a xuíz/a. O/a letrado/a da Administración de xustiza.

Decreto.

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

En Santiago de Compostela o quince de setembro de dous mil dezaseis.

Antecedentes de feito:

Primeiro. Cristina Ayaso Santos presentou demanda de execución da sentenza número 125/16, do 31.5.2016, ditada no PO 70/13, fronte a Denim Sport Wear, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

Segundo. O 15.9.2016 este órgano xudicial ditou auto en que despacha orde xeral de execución pola cantidade de 6.799,6 euros en concepto de principal (5.009,80 euros en concepto de pagas extra e salario, máis 1.789,8 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 ET), máis outros 679,96 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan devindicarse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Terceiro. Consta nas actuacións a declaración previa de insolvencia da parte aquí executada Denim Sport Wear, S.L., realizada por decreto do 22.10.2013, ditado por este órgano xudicial, cuxa copia testemuñada se une aos autos para os efectos de constancia.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. Dispón o artigo 239.4 da LXS que o órgano xurisdicional despachará execución, sempre que concorran os presupostos e requisitos procesuais, o título executivo non teña ningunha irregularidade formal e os actos de execución que se solicitan sexan conformes coa natureza e contido do título.

Segundo. A orde xeral de execución, cuxo contido vén determinado no artigo 551 da LAC, subsidiariamente aplicable na xurisdición social, ditouse por auto desta data, sendo procedente, por imperativo do número 3 do mesmo artigo, ditar o presente decreto que sinale as medidas executivas, de localización e requirimento de pagamento, se é o caso.

Terceiro. Dispón o artigo 276.3 da LXS que, declarada xudicialmente a insolvencia dunha empresa, iso será base suficiente para estimar a súa pervivencia noutras execucións, e pode ditarse o decreto de insolvencia sen necesidade de reiterar as indagacións de bens do artigo 250 desta lei, debendo darse audiencia previa á parte demandante e ao Fondo de Garantía Salarial para que sinalen a existencia de novos bens, se é o caso. Por iso e vista a insolvencia xa ditada contra a/s executada/s adóptase a seguinte resolución.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva:

Acordo, en cumprimento do requisito que se contén no artigo 276.3 e previamente á estimación na presente executoria da pervivencia da declaración de insolvencia da parte executada Denim Sport Wear, S.L., dar audiencia previa á parte demandante Cristina Ayaso Santos e ao Fondo de Garantía Salarial, por prazo de quince días para que poidan sinalar a existencia de novos bens, e do seu resultado acordarase o procedente.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e é carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interpoñerse ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes á notificación desta con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente, artigo 188 da LXS. O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta número 0049 3569 9200 0500 1274 no Banco Santander, S.A., debendo indicar no campo concepto “recurso” seguido do código “31 social-revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír, tras a conta referida, separada por un espazo, a indicación “recurso” seguida de “31 social-revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase e indicar no campo de observacións a data da resolución recorrida utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

O/a letrado/a da Administración de xustiza.

E para que sirva de notificación en legal forma a Denim Sport Wear, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza