Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Mércores, 5 de outubro de 2016 Páx. 45899

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 1 de setembro de 2016, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se dá publicidade á resolución pola que se modifica, por modificación substancial, e se refunde o texto dunha autorización ambiental integrada.

De conformidade co artigo 23.3 da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación, dáse publicidade á seguinte resolución:

«Resolución da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental pola que se modifica, por modificación substancial, e se refunde o texto da autorización ambiental integrada co nº de rexistro 2006/0142_NAA/IPPC_090.

Instalación: planta de tratamento de residuos de Marpol tipo C e aceites usados

Procedemento simplificado de modificación substancial da autorización ambiental integrada

Proxecto: ampliación da capacidade de recepción da planta de valorización de residuos Marpol tipo C e aceites usados

Expediente de modificación nº: 2015-IPPC-M-1

Titular: Ingaroil, S.L.U.

Expediente orixinal nº: 2006/0142_NAA/IPPC

Localización: concello das Somozas

Data: 23.8.2016

Esta resolución pódese consultar no enlace:

http://cmaot.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada e/ou nas dependencias da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, 2º andar)».

Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2016

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental