Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Mércores, 5 de outubro de 2016 Páx. 45900

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 2 de setembro de 2016, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se fai pública a declaración de impacto ambiental do proxecto de ampliación dunha explotación avícola no lugar da Veiga, concello de Sarreaus (expediente 2015/0235).

De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 41, número 3, faise pública a declaración de impacto ambiental do 25 de agosto de 2016, relativa ao proxecto de ampliación dunha explotación avícola sita no lugar da Veiga, no concello de Sarreaus (Ourense), promovido por Prieto Iglesias y Otros, S.C.

Esta declaración pódese consultar na ligazón:

http://www.cmati.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).

Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2016

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental