Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Martes, 4 de outubro de 2016 Páx. 45759

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 20 de setembro de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, sobre o inicio do procedemento de deslindamento con predios particulares da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Fontenla, no concello de Ponteareas.

Unha vez informada favorablemente a proposta de deslindamento con predios particulares presentada pola Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Fontenla, concello de Ponteareas, e de acordo co disposto no artigo 54.1 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, sobre o procedemento de deslindamento de montes veciñais con propiedades particulares, acórdase sinalar o día 16 de decembro, ás 10.00 horas para o comezo das operacións de apeo, que comezarán no lugar de Monte Costa, Fontenla (antigas naves de Gramol, S.A.).

Emprázanse os lindeiros e as persoas que acrediten un interese lexítimo para que asistan ao mencionado acto.

Ábrese un prazo dun mes, a partir do día seguinte ao desta publicación, para que os que se conceptúen con dereito á propiedade do monte ou de parte del e os lindeiros que desexen comparecer presenten alegacións e os títulos que acrediten a propiedade na avenida de Galicia, 19-4º B, 36860 Ponteareas.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Pontevedra, 20 de setembro de 2016

Antonio Crespo Iglesias
Xefe territorial de Pontevedra