Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Martes, 4 de outubro de 2016 Páx. 45635

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2016, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre de 2016.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para lle dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único. Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Secretaría Xeral da Emigración nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2016, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2016

O/a secretario/a xeral da Emigración
P.S. (Orde do 22.8.2016; DOG núm. 160, do 25 de agosto)
Manuel Galdo Pérez
Secretario xeral da Presidencia

ANEXO

Asinantes

Obxecto

Importe

Data da sinatura

Convenio de colaboración coa Fundación Apoyo a la Ciudadanía Española en Venezuela

Prestación de asistencia sanitaria e farmacolóxica a persoas de orixe galega residentes en Venezuela

60.000,00 €

20.5.2016

Convenio de colaboración coa Fundación España Salud

Contribuír á atención das necesidades socio-asistenciais básicas dos cidadáns galegos residentes en Venezuela

60.000,00 €

20.5.2016

Convenio de colaboración coa Hermandad Gallega de Valencia

Contribuír á atención das necesidades socio-asistenciais básicas dos cidadáns galegos residentes en Valencia (Venezuela)

20.000,00 €

20.5.2016

Convenio de colaboración coa Hermandad Gallega de Venezuela

Contribuír á atención das necesidades socio-asistenciais básicas dos cidadáns galegos residentes en Caracas (Venezuela)

70.000,00 €

28.5.2016

Convenio de colaboración coa Hermandad Gallega de Venezuela

Contribuír ao mantemento dunha oficina de información e asesoramento en Caracas

20.000,00 €

28.5.2016

Convenio de colaboración coa Federación de Sociedades Gallegas de Cuba

Adquisición de material informático para a oficina de información e asesoramento en Cuba

8.000,00 €

28.5.2016

Convenio de colaboración coa Asociación Española Primera de Socorros Mutuos de Montevideo (Uruguai)

Desenvolvemento dun programa de atención socio-sanitaria destinado ás persoas de orixe galega e aos seus descendentes residentes en Montevideo

20.000,00 €

1.7.2016

Convenio de colaboración coa Casa de Galicia de Montevideo (Uruguai)

Desenvolvemento dun programa de atención socio-sanitaria destinado ás persoas de orixe galega e aos seus descendentes residentes en Montevideo

35.000,00 €

1.7.2016

Convenio de colaboración co Hogar Gallego para Ancianos de Buenos Aires

Contribuír á atención das necesidades socio-asistenciais básicas dos cidadáns galegos

30.000,00 €

2.7.2016

Convenio de colaboración co Centro Gallego de Mar de Plata

Contribuír á atención das necesidades socio-asistenciais básicas dos cidadáns galegos residentes en Arxentina

25.000,00 €

3.7.2016

Convenio de colaboración coa Associaçao Recreio dos anciãos para asilo da velhice desamparada

Contribuír á atención das necesidades socio-asistenciais básicas dos cidadáns galegos

20.000,00 €

7.7.2016

Convenio de colaboración co Centro Gallego de Montevideo

Adaptación das súas instalacións á nova normativa

30.000,00 €

20.7.2016

Convenio de colaboración coa Fundación +34

Atención das persoas galegas que se atopen en situación de privación de liberdade no exterior e especial necesidade

12.000,00 €

18.8.2016

Convenio de colaboración coa Asociación de Emigrantes Retornados Ulla-Umia (AERU)

Contribuír ao mantemento dunha oficina de información e asesoramento dirixida a emigrantes retornados

6.000,00 €

19.8.2016

Convenio de colaboración co Centro Galicia de Bos Aires, Cultural, Social e Deportivo

Contribuír ao mantemento do centro

60.000,00 €

31.8.2016