Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Martes, 4 de outubro de 2016 Páx. 45723

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 22 de setembro de 2016, da Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro, polo que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia no expediente derivado da Resolución do 28 de xullo de 2016.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de intentar unha primeira notificación, que foi devolta polo servizo de Correos, e intentada unha segunda notificación, que resultou fallida por ter cesado o administrador concursal no seu cargo, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo máximo de 10 días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede desta dirección xeral (Consellería de Facenda), sita no Edificio Administrativo San Caetano, bloque 3, 15781 Santiago de Compostela (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que os prazos se computarán desde esa publicación.

Santiago de Compostela, 22 de setembro de 2016

David Cabañó Fernández
Director xeral de Política Financeira e Tesouro

ANEXO

Expediente: Resolución do 28 de xullo de 2016.

Interesada: Brauron, S.L.

Acto notificado: resolución pola que se declara a existencia dun crédito a favor da Tesouraría da Comunidade Autónoma contra a entidade mercantil Brauron, S.L. e o inicio do procedemento para a súa reclamación ao abeiro do disposto no artigo 10 do Decreto 284/1994, do 15 de setembro, que regula a concesión de avais do Igape.