Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Luns, 3 de outubro de 2016 Páx. 45611

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO de corrección de erros no expediente para contratar, mediante procedemento aberto, o servizo de deseño e produción de carrozas para a cabalgata de Reis 2017.

Advertidos erros no expediente aberto para contratar o servizo de deseño e produción das carrozas para a cabalgata de Reis 2017, a Xunta de Goberno Local, na sesión ordinaria do 15 de setembro de 2016, acordou:

Primeiro. Modificar o punto primeiro do Acordo número 14 da Xunta de Goberno Local do 4 de agosto de 2016, polo que se aprobou o expediente para contratar, mediante procedemento aberto, o servizo de deseño e produción de carrozas para a cabalgata de Reis 2017, na parte que aproba o prego de cláusulas administrativas particulares, e en consecuencia, modificar a redacción do artigo 1 do indicado prego e onde di: «É obxecto do contrato a realización do deseño e produción de catro carrozas –tres reais e unha carroza do carteiro real– para o desfile da cabalgata de Reis que terá lugar o 5 de xaneiro de 2017», debe dicir: «É obxecto do contrato a realización do deseño e produción de cinco carrozas –tres reais, unha carroza do carteiro real e unha de temática libre– para o desfile da Cabalgata de Reis que terá lugar o 5 de xaneiro de 2017».

Segundo. Modificar tamén o mesmo punto do Acordo indicado da Xunta de Goberno Local, e, en consecuencia, modificar o prego de prescricións técnicas no relativo aos criterios de adxudicación e no punto segundo, parágrafo primeiro, baixo a rúbrica Adaptación á temática proposta polo Concello de Ourense «Os Reis Magos, astrólogos e adiviños» onde di: «Dado que as catro carrozas forman parte da comitiva real xunto con diversos elementos de animación», debe dicir: «Dado que as cinco carrozas forman parte da comitiva real xunto con diversos elementos de animación».

Terceiro. Reabrir o prazo sinalado no artigo 11 do prego de cláusulas administrativas, relativo á presentación de proposicións, e publicar no perfil do contratante a presente corrección de erros e a reapertura do prazo, así como no BOP e no DOG.

Cuarto. Notifíquese o presente acordo aos licitadores presentados e advírtaselles, expresamente, a posibilidade que teñen de retirar a súa proposta e presentar unha nova se o consideran oportuno, ou de mantela nos termos orixinais.

Ourense, 21 de setembro de 2016

Jesús Vázquez Abad
Alcalde