Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Luns, 3 de outubro de 2016 Páx. 45610

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de convocatoria dun posto de libre designación de secretaría de concellaría.

Nos boletíns oficiais da provincia da Coruña núm. 143, do 29 de xullo de 2016, e núm. 164, do 30 de agosto, publicáronse as bases aprobadas por Resolución da concelleira delegada de Facenda e Administración, por delegación da Xunta de Goberno Local, do 27 de xuño de 2016, e a súa modificación aprobada por Resolución do 16 de agosto de 2016, relativa á seguinte convocatoria de posto de libre designación:

– 1 posto de secretaría de concellaría.

O prazo de presentación de instancias será de quince días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Estas convocatorias e a súas resolucións publicaranse nos boletíns oficiais correspondentes.

A Coruña, 9 de setembro de 2016

O alcalde
P.D. (Decreto do 15.6.2016)
Eduardo Mera Rico
Director de Economía, Facenda e Administración