Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Luns, 3 de outubro de 2016 Páx. 45623

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilagarcía de Arousa

ANUNCIO de aprobación definitiva do Plan especial en desenvolvemento da unidade de execución número 21 do Plan xeral de ordenación municipal.

O Concello Pleno, en sesión do 28 de xullo de 2016, acordou aprobar definitivamente o Plan especial en desenvolvemento da unidade de execución núm. 21 do PXOM do Concello de Vilagarcía de Arousa, redactado polo arquitecto Manuel J. Freijeiro Martínez e promovido por José Mario Garza Fernández e/n Mallarizo, S.L., modificado con data 27.6.2016.

De conformidade co establecido no artigo 82 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, publícase o presente acordo no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia. Así mesmo, o 7 de setembro de 2016 remítense dúas copias do expediente dilixenciado á consellería competente en materia de urbanismo para o seu coñecemento.

Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da última publicación deste anuncio no DOG ou no BOP, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sen prexuízo de calquera outro recurso ou acción que coiden oportuno.

Vilagarcía de Arousa, 7 de setembro de 2016

Tania García Sanmartín
Alcaldesa en funcións