Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Luns, 3 de outubro de 2016 Páx. 45511

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (158/2016).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber:

Que no procedemento de execución de títulos xudiciais 158/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Lorena Baldomir Regueira contra Denim Sport Wear, S.L., o Fondo de Garantía Salarial, se ditaron auto e decreto de data 13 de setembro de 2016, cuxas partes dispositivas din literalmente:

«Dispoño: despachar orde xeral de execución a favor da parte executante, Lorena Baldomir Regueira, fronte a Denim Sport Wear, S.L., Fondo de Garantía Salarial, parte executada, por importe de 5.380,90 euros de principal (3.964,53 euros + 1.416,37 euros en concepto de xuro do artigo 29.3 do ET) máis 538,09 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Contra este auto poderá interporse recurso de reposición, que se interporá ante este órgano xudicial no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación, no cal ademais de alegar as posibles infraccións en que puidese incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, poderá deducirse a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que tiveren acaecido con posterioridade á constitución do título, a non ser a compensación de débedas admisible como causa de oposición á execución».

«Acordo, en cumprimento do requisito que se contén no artigo 276.3 e previo á estimación na presente executoria da pervivencia da declaración de insolvencia da parte executada Denim Sport Wear, S.L., dar audiencia previa á parte demandante Lorena Baldomir Regueira e ao Fondo de Garantía Salarial, por termo de 15 días, para que poidan sinalar a existencia de novos bens, e do seu resultado acordarase o procedente.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que deberá interporse ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes á notificación desta, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente, artigo 188 da LXS».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Denim Sport Wear, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza