Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Luns, 3 de outubro de 2016 Páx. 45509

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (467/2015).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 467/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Daniel Sambad Ordóñez contra Centro Integral de Belleza Carmen, S.C. e Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou sentenza, cuxa resolución di:

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade interpuxo José Daniel Sambad Ordóñez contra a entidade Centro Integral de Belleza Carmen, S.C. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Centro Integral de Belleza Carmen, S.C. a que aboe ao demandante a cantidade de 1.318 € brutos, por salarios devindicados desde o 26 de febreiro ao 31 de marzo de 2015, ambos inclusive, incrementados co xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe interpor ningún recurso.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Asinado: Pilar Carreira Vidal, maxistrada xuíza.

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Centro Integral de Belleza Carmen, S.C., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia».

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 13 de setembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza