Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Luns, 3 de outubro de 2016 Páx. 45497

III. Outras disposicións

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2016 pola que se publica o plan de estudos de máster universitario en Investigación Química e Química Industrial para a Universidade da Coruña, esta universidade e a Universidade de Vigo.

Unha vez obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe favorable da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, así como a autorización da Comunidade Autónoma de Galicia, e establecido o carácter oficial do título por Acordo do Consello de Ministros do 26 de decembro de 2014 (publicado no BOE do 29 de xaneiro de 2015 por Resolución da Secretaría de Xeral de Universidades do 9 de xaneiro de 2015),

Esta reitoría, de conformidade co disposto no artigo 35 da Lei orgánica 6/2001, de universidades, na redacción dada pola Lei orgánica 4/2008, resolve publicar o plan de estudos conducente á obtención do título oficial de máster universitario en Investigación Química e Química Industrial pola Universidade da Coruña, a Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Vigo, que quedará estruturado segundo consta no anexo.

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2016

Juan M. Viaño Rey
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO
Máster universitario en Investigación Química e Química Industrial

Rama de coñecemento: ciencias.

Universidades participantes: Universidade da Coruña, Universidade de Santiago de Compostela e Universidade de Vigo.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo o tipo de materia.

Tipo de materia

Créditos ECTS

Obrigatorias

15

Optativas

27

Traballo fin de máster

18

Créditos totais

60

Cadro 2. Plan de estudos do máster.

Materias

Carácter

Créditos

Módulo

Profundización en química analítica

OB

3

Formación obrigatoria avanzada

(M1)

Profundización en química física

OB

3

Profundización en química inorgánica

OB

3

Profundización en química orgánica

OB

3

Análise estrutural avanzada

OB

3

Modelización molecular

OP

3

Especialidade: estrutura e reactividade química

(M2)

Química supramolecular

OP

3

Espectroscopia de fluorescencia e fotoquímica

OP

3

Mecanismos de reacción e catálise

OP

3

Complexos metálicos

OP

3

Especialidade: química sintética

(M3)

Compostos organometálicos en síntese e catálise

OP

3

Síntese estereoselectiva

OP

3

Produtos e técnicas sintéticas

OP

3

Química de biomoléculas

OP

3

Especialidade: química biolóxica

(M4)

Química médica

OP

3

Bioloxía molecular

OP

3

Química de produtos naturais

OP

3

Deseño e desenvolvemento de materiais avanzados

OP

3

Especialidade: nanoquímica e novos materiais

(M5)

Técnicas de preparación e caracterización de materiais

OP

3

Propiedades de materiais

OP

3

Materiais moleculares

OP

3

Técnica de preparación da mostra

OP

3

Especialidade: técnicas analíticas avanzadas

(M6)

Cromatografía e técnicas analíticas de separación

OP

3

Espectrometría de masas analítica de compostos orgánicos

OP

3

Técnicas atómicas avanzadas e sensores

OP

3

Química industrial: control de procesos

OP

3

Especialidade: química e economía industrial

(M7)

Calidade nos laboratorios químicos

OP

3

Seguridade industrial

OP

3

Sistemas de xestión na industria química

OP

3

Lexislación industrial

OP

3

Economía e empresa

OP

3

Recursos humanos

OP

3

Prácticas académicas

OP

18

Módulo de iniciación á investigación

(M8)

Seminario de máster

OP

3

Prácticas profesionais

OP

6

Módulo de iniciación á práctica profesional

(M9)

Xestión de proxectos

OP

3

Traballo fin de máster

OB

18

Traballo fin de máster

(M10)

O máster oferta as seguintes especialidades:

• Especialidade en estrutura e reactividade química (E1).

• Especialidade en química sintética (E2).

• Especialidade en química biolóxica (E3).

• Especialidade en nanoquímica e novos materiais (E4).

• Especialidade en técnicas analíticas avanzadas (E5).

• Especialidade en química e economía industrial (E6).

Os alumnos que opten pola orientación investigadora poden cursar o máster sen necesidade de cursar ningunha especialidade concreta, pois teñen que cursar obrigatoriamente catro materias optativas do máster, das cales polo menos tres delas (9 ECTS) serán materias de calquera dos cinco módulos da orientación investigadora (M2 a M6). Poderán optar por realizar unha cuarta materia destes módulos ou ben unha das materias optativas do módulo profesionalizante M7. Teñen que cursar ademais obrigatoriamente o módulo M8 de iniciación á investigación científica e o módulo M10 de traballo fin de máster (modalidade académica). Considerarase que un alumno seguiu un itinerario académico-investigador cando curse catro materias optativas de calquera dos módulos da orientación investigadora, así como os módulos M8 e M10 (TFM modalidade académica), considerando que seguiu un itinerario académico-profesionalizante cando curse tres materias dos módulos da orientación investigadora, unha materia optativa do módulo profesionalizante M7 e a materia prácticas académicas (12 ECTS) teña carácter mixto, consistente en combinar unha estancia nun laboratorio de investigación (6 ECTS) cunha estancia nunha empresa (6 ECTS).

Considerarase que un alumno cursou unha especialidade das do itinerario investigador (E1, E2, E3, E4, E5) cando teña cursado polo menos tres das materias do módulo correspondente deste itinerario (M2, M3, M4, M5, M6).

Os alumnos que opten polo perfil profesionalizante cursarán obligatoriamente o módulo M9 (iniciación á práctica profesional), o módulo M10 (traballo fin de máster realizado nunha empresa, modalidade profesionalizante), seis das sete materias do módulo M7, para elixir libremente, considerando que todos eles cursaron a especialidade de química e economía industrial.