Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Luns, 3 de outubro de 2016 Páx. 45501

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 23 de setembro de 2016, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se resolve o concurso para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, escala superior de estatísticos, e do corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, escala técnica de estatísticos, convocado pola Resolución do 18 de xaneiro de 2016 (Diario Oficial de Galicia número 15, do 25 de xaneiro).

Mediante Resolución da Consellería de Facenda do 18 de xaneiro de 2016 (DOG núm. 15, do 25 de xaneiro) convocouse concurso para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, escala superior de estatística e do corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, escala técnica de estatísticos.

Examinadas e resoltas as reclamacións presentadas contra a valoración provisional de méritos, a comisión de valoración, na súa xuntanza do día 19 de setembro de 2016, acordou elevar á Dirección Xeral da Función Pública a proposta definitiva de resolución do concurso.

Polo exposto, esta dirección xeral, ao abeiro do disposto na Orde da Consellería de Facenda do 8 de xullo de 2013 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 136, do 18 de xullo), modificada pola Orde da Consellería de Facenda do 26 de agosto de 2013 (DOG núm. 168, do 27 de agosto) de conformidade co previsto na base VIII.5 da convocatoria,

DISPÓN:

Primeiro. Adxudicarlles ás persoas funcionarias que se relacionan nos anexos I (primeira fase) e II (fase de resultas) os postos de traballo que neles se especifican.

Segundo. De conformidade co previsto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, modificado polo Decreto 166/2013, do 14 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, o prazo da toma de posesión comezará a contar a partir do día seguinte ao do cesamento e será de tres días hábiles se non implica cambio de residencia, ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia.

O cesamento deberá efectuarse o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Se a adxudicación comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión será dun mes e deberá computarse desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Os destinos adxudicados serán irrenunciables, agás que con anterioridade á finalización do prazo posesorio se obteña outro destino mediante convocatoria pública, ben polo procedemento de libre designación ou por concurso, neste caso poderá optar por un dos dous.

As persoas funcionarias adxudicatarias están obrigadas a comunicar por escrito a opción realizada á Dirección Xeral da Función Pública dentro dos tres días seguintes ao da publicación desta resolución.

Os traslados que deriven da resolución deste concurso terán a consideración de voluntarios, en consecuencia non xerarán dereito a indemnización.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, ante a Dirección Xeral da Función Pública, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase impugnar directamente ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, segundo a Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 23 de setembro de 2016

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO I

(Primeira fase)

1º apelido

2º apelido

Nome

NIF

Grupo

Posto

Código do posto

Denominación

Cons

Concello

Nivel

Puntos

ROMERO

MARTÍNEZ

MARÍA PILAR

78798805T

A

7

FC.A01.00.003.15770.041

SECCIÓN DE TRABALLOS DE CAMPO

FC

SANTIAGO DE COMPOSTELA

25

18.100

SUÁREZ

MORAO

MARTA

44829020L

A

5

FC.A01.00.002.15770.003

SECCIÓN DE SÍNTESE, ANÁLISE E DIFUSIÓN II

FC

SANTIAGO DE COMPOSTELA

25

14.900

VILLAR

CHEDA

MARÍA ESTEFANI

32673611H

A

6

FC.A01.00.003.15770.002

SECCIÓN DE PRODUCIÓN ESTATÍSTICA

FC

SANTIAGO DE COMPOSTELA

25

19.850

ANEXO II

(Fase de resultas)

1º apelido

2º apelido

Nome

NIF

Grupo

Posto

Código do posto

Denominación

Cons

Concello

Nivel

Puntos

MARTÍN

VILA

MARÍA

76927671P

B

9

FC.A01.00.001.15770.031

SECCIÓN DE COORDINACIÓN E PLANIFICACIÓN

FC

SANTIAGO DE COMPOSTELA

25

13.750

TORRADO

SOLAR

PABLO

44828434P

A

10

FC.A01.00.002.15770.002

SECCIÓN DE SÍNTESE, ANÁLISE E DIFUSIÓN I

FC

SANTIAGO DE COMPOSTELA

25

14.400