Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Luns, 3 de outubro de 2016 Páx. 45524

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 14 de setembro de 2016, do Servizo de Mobilidade da Coruña, polo que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltas polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente XC-00926-O-2016 e tres máis).

A persoa titular da Xefatura Territorial da Coruña ditou a resolución dos expedientes sancionadores número XC-00926-O-2016 e tres máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recibo no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

Infórmase que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade da Coruña.

Comunícaselles que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante a persoa titular da Dirección Xeral de Mobilidade da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

As sancións impostas foron aboadas anticipadamente cunha redución do seu importe, conforme o previsto no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres.

A Coruña, 14 de setembro de 2016

César Concheiro Ceide
Xefe do Servizo de Mobilidade da Coruña

ANEXO

Expediente

Matrícula

Persoa sancionada

DNI/CIF

Infracción cometida

Data; hora; estrada; p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

XC-00926-O-2016

5723-GBG

Álvarez Fernández, Ana María

34974650E

Diminución do descanso diario fraccionado (sobre 3+9 horas). Igual ou superior a 8 horas e inferior a 9 horas.

23.2.2016; 17.34; AP9; 80,5

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 euros

XC-00927-O-2016

5723-GBG

Álvarez Fernández, Ana María

34974650E

Exceso no tempo de condución bisemanal (90 horas). Máis de 90 horas ata 100 horas.

23.2.2016; 17.30; AP9; 80,5

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 euros

XC-01149-O-2016

5135-HGG

Alazor LKW Transportes, S.L.

B73793820

Diminución do descanso diario reducido (sobre 9 horas). Igual ou superior a 8 horas e inferior a 9 horas.

14.3.2016; 13.11; AP9F; 25,2

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 euros

XC-01299-O-2016

5271-BNX

Auto Fernando Álvarez, S.L.

B15652001

Non levar a bordo do vehículo o título habilitante ou a documentación formal que acredite a posibilidade legal de prestar o servizo.

19.3.2016; 8.08; N550; 43,5

Art. 142.8 LOTT

Art. 143.1.b) LOTT

201 euros