Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Luns, 3 de outubro de 2016 Páx. 45517

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 15 de setembro de 2016, da Secretaría Xeral para o Deporte, polo que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia no expediente en relación coa Resolución do 12 de abril de 2016 (Diario Oficial de Galicia número 75, do 20 de abril).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, logo de intentada a notificación e ao ser devolta dúas veces polo servizo de Correos, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto foi adoptado polo secretario xeral para o Deporte.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede desta Secretaría Xeral para o Deporte, sita na rúa Madrid nº 2-4, As Fontiñas, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2016

José Ramón Lete Lasa
Secretario xeral para o Deporte

ANEXO

Expediente: Resolución do 12 de abril de 2016, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se fan públicas as listaxes definitivas de subvencións a entidades deportivas convocadas pola Resolución do 5 de novembro de 2015, pola que se convocan subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, a clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e agrupacións deportivas escolares de Galicia, para o desenvolvemento de actividades deportivas.

Interesada: Club Sala Ourense 2014 (G32442196).

Acto notificado: requirimento para a presentación da documentación xustificativa da subvención concedida, de conformidade co artigo 45 do Decreto 11/2009, de 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.