Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Luns, 3 de outubro de 2016 Páx. 45516

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 521/2014).

Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 521/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de María del Pilar González Doval contra Tex-Bi, S.L.U., Sumer Gestion, S.L. sobre ordinario, se ditou dilixencia de ordenación en data do 1.7.2016, cuxo contido é do teor literal seguinte:

«Por presentado o precedente escrito por graduado social Matilde Mallo Nieves interpoñendo recurso de reposición, ao abeiro do que dispón o artigo 186.2 da LXS, e á vista de que este cumpre cos requisitos que para a súa admisión establecen os artigos 186.4 e 187.1 da LXS, admítese a trámite este.

Déase traslado por tres días ás partes para a súa impugnación, se o xulgan conveniente.

Requíranse as partes para que designen por escrito un número de fax para os efectos de notificacións ou ben opten por escrito polo sistema Lexnet para os mesmos efectos de notificacións».

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interpoñerá ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación con expresión da infracción cometida na resolución a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

E, para que sirva de notificación en legal forma a Tex-Bi, S.L.U., Sumer Gestion, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no DOG e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 13 de setembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza