Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Venres, 30 de setembro de 2016 Páx. 45327

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 9 de setembro de 2016 pola que se fai pública a formalización para a contratación, non suxeita a regulación harmonizada, mediante documentación simplificada, do servizo de transporte sanitario non urxente (ambulatorio e hospitalario) e o hospitalario urxente, mediante procedemento aberto e tramitación ordinaria (expediente AB-SER4-16-003).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: AB-SER4-16-003.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: xestión de servizos públicos.

b) Descrición do obxecto: contratación do servizo de transporte sanitario non urxente (ambulatorio e hospitalario) e o hospitalario urxente do Servizo Galego de Saúde.

c) CPV: 8543000-3.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: 15.4.2016.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: setenta e nove millóns catrocentos oitenta e cinco mil cincocentos corenta e cinco euros con sesenta céntimos (79.485.545,60 €).

5. Formalización do concerto:

a) Data de adxudicación:

O 10 de agosto de 2016 foron adxudicados os seguintes lotes:

Lote 1: A Coruña.

Lote 3: Santiago de Compostela.

Lote 4: Lugo, Cervo e Monforte de Lemos.

Lote 5: Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

Lote 6: Vigo.

Lote 7: Pontevedra-O Salnés.

O 25 de agosto de 2016 foi adxudicado o lote 2: Ferrol.

b) Data de formalización dos concertos:

Lote 1: 29 de agosto.

Lote 2: 9 de setembro.

Lote 3: 12 de agosto.

Lote 4: 26 de agosto.

Lote 5: 26 de agosto.

Lote 6: 29 de agosto.

Lote 7: 26 de agosto.

c) Empresas adxudicatarias:

Lote 1: Servicios Sociosanitarios Generales, S.L.

Lote 2: Ambulancias Ortigueira, UTE.

Lote 3: Ambulancias Casablanca Santiago, S.L.

Lote 4: UTE Sanitaria Lucense de Transportes, S.L., Luis Iglesias Carreira, S.L., Ambulancias Burela, S.L.

Lote 5: Ambulancias As Burgas, S.L.

Lote 6: Ambulancias do Atlántico, S.L.

Lote 7: Ambulancias Pontevedra, S.L.

d) Importe de adxudicación: setenta e seis millóns setecentos sesenta e un mil setecentos dezaoito euros con sesenta e catro céntimos (76.761.718,64).

Santiago de Compostela, 9 de setembro de 2016

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo
Xerente do Servizo Galego de Saúde