Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Xoves, 29 de setembro de 2016 Páx. 44719

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 14 de setembro de 2016 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre do ano 2016.

En virtude do establecido no artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro),

DISPOÑO:

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Escola Galega de Administración Pública nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2016, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2016

Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Escola Galega de Administración Pública nos meses de maio, xuño, xullo e agosto de 2016

Convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e o Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación.

1.6.2016

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e as consellerías de Política Social, Sanidade e Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación en materia de atención temperá.

9.6.2016

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación.

5.8.2016

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e o Colexio Oficial de Secretarios, Interventores e Tesoureiros da Provincia de Lugo para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación.

5.8.2016

Sen achega económica