Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Xoves, 29 de setembro de 2016 Páx. 44718

III. Outras disposicións

Consello da Cultura Galega

RESOLUCIÓN do 16 de setembro de 2016 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre do ano 2016.

Para os efectos previstos no artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas práticas na Administración pública galega, acórdase darlle publicidade aos convenios de colaboración subscritos polo Consello da Cultura Galega, no segundo cuadrimestre do ano 2016, os cales se relacionan no anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2016

Ramón Villares Paz
Presidente do Consello da Cultura Galega

ANEXO

Convenio

Achega do Consello
da Cultura Galega

Data
de sinatura

Convenio de colaboración entre o Consello da Cultura Galega e a Fundación Francisco Ayala para a publicación do Epistolario de Francisco Ayala.

Sen dotación económica

4.5.2016

Convenio de colaboración entre a Consellería da Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Consello da Cultura Galega en materia de normalización lingüística.

7.000,00 €

6.5.2016

Acordo de colaboración entre a Secretaría Xeral de Emigración e o Consello da Cultura Galega para a realización de actividades relacionadas coa emigración.

Sen dotación económica

20.6.2016