Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Mércores, 28 de setembro de 2016 Páx. 44430

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 14 de setembro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución do expediente sancionador na orde social RL 2010/341-1 e catro máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, as notificacións que non se puidesen practicar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e queda condicionada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Intentouse a notificación por correo certificado aos titulares das empresas citadas no anexo, sen que fose posible, polo que se lles notifica por medio deste anuncio a resolución recaída nos correspondentes expedientes sancionadores.

Sen prexuízo do anterior e en virtude do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Os interesados dispoñen do prazo dun mes, contado a partir do día segunte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, para interpoñer recurso de alzada ante a Secretaría Xeral de Emprego, Consellería de Economía, Emprego e Industria, así como para comprobar o contido íntegro do expediente nas dependencias da Xefatura Territorial da Coruña, rúa Salvador de Madariaga, 9, 1º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Advírteselles de que, de non interpoñer recurso en tempo e forma, deberán aboar a sanción, utilizando necesariamente o documento de pagamento que poderán solicitar nesta xefatura territorial, nos seguintes prazos:

– Sancións notificadas antes do día 15 de cada mes, aboaranse antes do 29 do mes seguinte ao da notificación.

– Sancións notificadas despois do día 15 de cada mes, aboaranse antes do 5 do segundo mes seguinte ao da notificación.

De non facelo así, procederase á exacción pola vía executiva, nos termos previstos na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG do 5 de decembro).

A Coruña, 14 de setembro de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

1. Expediente nº: RL 2010/341-1.

Acta inf. nº: I152010000086501.

Empresa: Repsol Petróleo, S.A.

NIF: A28047223.

Concello: Madrid (Madrid).

Materia: prevención de riscos laborais.

Data da resolución: 18 de agosto de 2016.

2. Expediente nº: RL 2016/57-1.

Acta inf. nº: I152016000003010.

Empresa: Lurpeko Lan Bereziak, S.A.

NIF: A95431607.

Concello: Sestao (Bizkaia).

Materia: prevención de riscos laborais.

Data da resolución: 3 de agosto de 2016.

3. Expediente nº: RL 2016/132-1.

Acta inf. nº: I152016000022511.

Empresa: Gestheumesa, S.L.

NIF: B15491251.

Concello: Pontedeume (A Coruña).

Materia: relacións laborais.

Data da resolución: 17 de agosto de 2016.

4. Expediente nº: RL 2016/133-1.

Acta inf. nº: I152016000023117.

Empresa: Aluplajes, S.L.U.

NIF: B70073663.

Concello: Fene (A Coruña).

Materia: prevención de riscos laborais.

Data da resolución: 17 de agosto de 2016.

5. Expediente nº: RL 2016/209-1.

Acta inf. nº: I152016000031706.

Empresa: Estefanía Pérez Chas.

NIF: 47385607H.

Concello: Sada (A Coruña).

Materia: relacións laborais.

Data da resolución: 19 de agosto de 2016.