Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Mércores, 28 de setembro de 2016 Páx. 44428

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 31 de agosto de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa e autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Barro (expediente IN407A 2015/18-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e autorización administrativa de construción para a instalación eléctrica que a continuación se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15171 A Coruña.

Denominación: modificado LAT subterránea 66 kV DC Barro-Tivo/Mourente.

Situación: Barro.

Características técnicas: liña de alta tensión subterránea a 66 kV, dobre circuíto, de 3.595 metros de lonxitude, con orixe no novo apoio 268 proxectado (paso aerosubterráneo) na LAT DC Tivo/Mourente e final na futura subestación de Barro. Retensado do van aéreo anterior e posterior ao novo apoio 268. A instalación está situada no termo municipal de Barro.

Realizouse o trámite de información pública inserindo anuncios no DOG do 26 de febreiro de 2015 e no BOP do 16 de febreiro 2015. Durante o mencionado trámite recibiuse a seguinte alegación:

Con data do 21 de marzo de 2015 Marcos Pérez Cachafeiro, en representación dos veciños do lugar de Valbón, presenta alegacións nesta xefatura territorial en relación co expediente IN407A 2015/18, as cales son remitidas a súa vez á empresa peticionaria para que realice as oportunas alegacións.

Unha vez examinadas as alegacións formuladas por ambas as partes, conclúese o seguinte:

Primeira. A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural autoriza as obras de canalización dunha liña de alta tensión de 66 KV desde Tivo á subestación complexo industrial Barro-Meis, no concello de Barro.

Segunda. En relación coa adecuación do proxecto á normativa urbanística municipal e autonómica e á adecuación do planeamento urbanístico, cabe indicar que esta xefatura territorial non é competente para pronunciarse sobre esta cuestión. Ademais unha vez exposto o proxecto no concello, este deberase pronunciar sobre el.

Terceira. Non consta variación de trazado nesta liña aérea existente.

En consecuencia, cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica e na Resolución da Consellería de Economía e Industria do 19 de febreiro de 2014, pola que aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG nº 54, do 19 de marzo), esta xefatura territorial resolve:

Conceder autorización administrativa e autorización administrativa de construción para a devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

O prazo de posta en marcha da instalación, de acordo co artigo 131 do Real decreto 1955/2000, será de 12 meses a partir da recepción da presente resolución. Para efectos da posible solicitude de prórroga, o peticionario deberá ter en conta o disposto no capítulo IV do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que considere pertinente ao seu dereito.

Pontevedra, 31 de agosto de 2016

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra