Expediente: IN407A 2016/1239-1.
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Denominación: recuamento CT e RBT Gato/Bens (15CDQ2).
Concello: A Coruña.
Características técnicas: adecuación do centro de transformación Gato/Bens (expediente 29656) de 630 kVA (transformador existente) e relación de transformación de 1.500/400 V, en caseta de obra civil, substituíndo a aparellaxe ao aire existente no CT por un conxunto de celas modulares compacto 2L+1p (quedando unha de reserva) con envolvente metálica e illamento SF6, instaláranse novos cables de ponte de media tensión e o circuíto de disparo por sonda térmica e adecuación da caseta de obra civil.
Reforma de 2 saídas de baixa tensión desde o CT Gato/Bens en condutores subterráneo XZ1 para as acometidas ás vivendas cunha lonxitude de 701 metros.
Lexislación de aplicación:
– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.
A Coruña, 23 de agosto de 2016
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña