Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Mércores, 28 de setembro de 2016 Páx. 44416

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 7 de setembro de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no expediente de dilixencias previas LU-79/2016.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administración públicas e do procedemento administrativo común, logo de intentada a notificación persoal dúas veces no último domicilio coñecido, e non sendo posible a súa práctica, emprazáse a persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto foi adoptado polo xefe territorial.

A comparecencia deberase efectuar ante a Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo en Lugo, sita na avenida de Ramón Ferreiro, 28, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Lugo, 7 de setembro de 2016

Carlos Vila Pérez
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: DP LU-79/2016.

Interesado: Adrián Regueiro López.

Último enderezo coñecido: Rei Chiquito, 94, Lugo.

Acto de notificación: resolución de sobresemento do expediente de dilixencias previas.