Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Mércores, 28 de setembro de 2016 Páx. 44407

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 5 de setembro de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se fai pública a formalización do contrato tramitado polo procedemento aberto, tramitación ordinaria e anticipada de gasto para a contratación do servizo de mantemento da xardinaría interior e exterior dos edificios administrativos da Xunta de Galicia.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número do expediente: 2016-SESE 05-PL.

d) Enderezo da internet do perfil de contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23788

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición: prestación dun servizo de mantemento da xardinaría interior e exterior dos edificios administrativos da Xunta de Galicia.

c) División por lotes e número de lotes/Número de unidades: non leva lotes.

d) CPV: 77311000-3 Servizos de mantemento de xardíns e parques e seis máis.

e) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia.

f) Data de publicación do anuncio de licitación: 7 de xaneiro de 2016.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria, documentalmente simplificada e anticipada de gasto.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 2.340.000,00 €, IVE excluído (valor inicial máis as posibles prórrogas e modificacións).

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 900.000 €.

Importe total: 1.089.000 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 12 de xullo de 2016.

b) Data da formalización do contrato: 31 de xullo de 2016.

c) Contratista: Cespa Jardinería, S.L.

d) Importe de adxudicación:

Importe neto: 857.517,26 €.

Importe total: 1.037.595,88 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa.

Santiago de Compostela, 5 de setembro de 2016

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza