Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Mércores, 28 de setembro de 2016 Páx. 44409

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se fai pública a formalización do contrato tramitado, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a contratación do servizo de tracto sucesivo e por prezos unitarios para a prestación dos servizos postais e telegráficos na Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, outras entidades do sector público de Galicia e outros órganos e administracións adheridos a esta contratación centralizada.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número do expediente: 2016-SESE 03-PL.

d) Enderezo da internet do perfil de contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=26321

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición: prestación dos servizos postais e telegráficos, de tracto sucesivo e por prezos unitarios, na Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, outras entidades do sector público de Galicia e outros órganos e administracións adheridos a esta contratación centralizada.

c) División por lotes e número de lotes/Número de unidades: non leva lotes.

d) CPV: 64112000-4 e 64113000-1 Servizos postais relacionados con cartas e paquetes.

e) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia, Boletín Oficial del Estado e Diario Oficial de la Unión Europea.

f) Data de publicación do anuncio de licitación: DOG do 10 de maio de 2016; BOE do 9 de maio de 2016; DOUE do 27 de abril de 2016.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 38.574.073,98 €, IVE excluído (valor inicial máis as posibles prórrogas e modificacións).

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 14.836.182,30 €.

Importe total: 17.951.780,58 €

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 12 de xullo de 2016.

b) Data da formalización do contrato: 31 de xullo de 2016.

c) Contratista: S.E. Correos y Telégrafos, S.A.

d) Importe de adxudicación:

Importe neto: 14.836.182,30 €.

Importe total: 17.951.780,58 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa.

Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2016

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza