Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Martes, 27 de setembro de 2016 Páx. 44110

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (948/2013).

Eu, Carmen Varela Rebolo, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento 948/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Miguel Ameijide Seijas contra o Servicio Gallego de Prevención de Riesgos Laborales, Malga Servicios Empresariales, S.L., P.F.A. Prevención de Riesgos Laborales, S.A. e Grupo de Asesorías P.F.A., S.L., sobre reclamación de cantidade, se ditou sentenza cuxa resolución é a seguinte:

Estimo integramente a demanda presentada por Miguel Ameijide Seijas, representado polo letrado Sr. Vázquez Díaz, contra P.F.A. Prevención de Riesgos Laborales, S.A., Grupo de Asesorías P.F.A., S.L., Malga Servicios Empresariales, S.L. e Servicio Gallego de Prevención de Riesgos Laborales (Segaprel), ningunha das cales compareceu malia constar a súa citación en legal forma, e, en consecuencia, condeno solidariamente as mencionadas demandadas a lle aboar ao demandante a cantidade de 7.226,09 euros, cantidade que devindicará xuro moratorio do 10 %.

Impóñolles ás demandadas as custas procesuais causadas (incluídos os honorarios do letrado da parte demandante ata o límite de 600 euros).

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que non é firme e que contra ela cabe interpor, perante este xulgado, recurso de suplicación que resolverá a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Para que lle sirva de notificación en forma a Servicio Gallego de Prevención de Riesgos Laborales, en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto.

Lugo, 29 de xullo de 2016

A secretaria xudicial