Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Martes, 27 de setembro de 2016 Páx. 44111

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETX 133/2016).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 133/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Alba Varela Argibay contra Acsa Administración de Fincas, S.L.U. sobre despedimento, se ditou a resolución na cal se acorda:

Despachar orde xeral de execución da sentenza ditada con data do 27.7.2015 no procedemento de despedimento seguido ante este xulgado co nº de autos 235/15, título indicado a favor da executante Alba Varela Argibay fronte a Acsa Administración de Fincas, S.L.U., parte executada.

Citar de comparecencia as partes coas advertencias legais e facerlles saber que deben asistir cos medios de proba de que se intenten valer. Fixo o próximo día 4.10.2016, ás 9.45 horas, para a celebración da comparecencia.

E para que sirva de notificación en legal forma a Acsa Administración de Fincas, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 7 de setembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza