Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Martes, 27 de setembro de 2016 Páx. 44150

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

EDICTO do 13 de setembro de 2016, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifica a resolución de diversos expedientes de reclamacións eléctricas.

Notifícase aos interesados, de conformidade co establecido nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a resolución dos expedientes de reclamacións eléctricas que a continuación se relacionan no anexo, ao seren devoltas polo servizo de Correos as notificacións enviadas no seu día.

Contra a resolución dos expedientes de referencia, que non pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes, de conformidade co disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contado o devandito prazo a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, estas resolucións serán firmes para todos os efectos regulamentarios.

As persoas interesadas poderán comparecer na xefatura territorial, situada na rúa Curros Enríquez nº 1, 4º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro das mencionadas resolucións e constancia de tal coñecemento.

Ourense, 13 de setembro de 2016

Alfonso Tomás Paz Doniz
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Nº de expediente

Interesado/a

DNI-CIF

Enderezo

IN635A 2015/183-3

Siresa Noroeste

Avda. Alfonso Rodríguez Castelao nº 22, 32004 Ourense

IN635A 2016/14

Siresa Noroeste

Avda. Alfonso Rodríguez Castelao nº 22, 32004 Ourense

IN635A 2016/2

Telefónica Móviles España, S.A.

Rúa Feijóo, 17, 28010 Madrid

IN635A 2015/189

Rocío Fernández Cardero

Torrón 9191, 32500 O Carballiño