Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Martes, 27 de setembro de 2016 Páx. 44141

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 2 de setembro de 2016, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente ANI-OU-27/2016-V e dous máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ao non ser posible a súa notificación polo servizo de Correos, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

O acto foi adoptado por quen se indica no anexo.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, sita na avenida da Habana, nº 79, 5º andar (Ourense), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación do acto obxecto de publicación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Ourense, 2 de setembro de 2016

Victoria Núñez López
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Expediente: ANI-OU-27/2016-V.

Interesada: Dolores Larralde Pargaray.

Acto de notificación: acordo de incoación de procedemento sancionador.

Acto adoptado: pola xefa territorial.

Expediente: PES-OU-21/2016-V.

Interesado: José Manuel Vázquez Prieto.

Acto de notificación: proposta de resolución de procedemento sancionador.

Acto adoptado: polo instrutor do procedemento.

Expediente: ANP-OU-19/2016-V.

Interesado: David Vázquez Nieto.

Acto de notificación: proposta de resolución de procedemento sancionador.

Acto adoptado: polo instrutor do procedemento.