Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Martes, 27 de setembro de 2016 Páx. 44143

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 5 de setembro de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente LU-RES 2016/107 e dous máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, na redacción dada pola Lei 15/2014, do 16 de setembro, de racionalización do sector público e outras medidas de reforma administrativa, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos obxecto de notificación foron acordados polo xefe territorial de Lugo da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

A comparecencia deberá efectuarse na sede da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A sede desta xefatura territorial é na rolda da Muralla, nº 70-2º (Lugo).

O prazo para realizar a comparecencia será de dez días. O dito prazo comezará a contarse a partir do día seguinte a aquel en que se publique esta notificación no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia da notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o prazo de dez días desde a publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da dita publicación.

Lugo, 5 de setembro de 2016

O xefe territorial de Lugo
P.S. (Resolución do 8.2.2016)
Carlos Vila Pérez
Xefe territorial de Lugo da Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANEXO

Expediente

Interesado

Acto notificado

LU-RES 2016/107

Gheorghe Roua e Mónica Matei

Iniciación do procedemento sancionador

LU-RES 2016/111

Paula Curt

Iniciación do procedemento sancionador

LU-RES 2016/113

Marian Octavian Sali, Ionut Florin Sali e Florin Roua

Iniciación do procedemento sancionador