Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Martes, 27 de setembro de 2016 Páx. 44120

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 80/2016).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais número 80/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ana Belén Queiro Mariño contra a empresa Trece Noventa y Siete, S.L., Union Business Factories, S.L., se ditaron as seguintes resolucións, cuxas partes se xuntan:

Parte dispositiva:

Dispoño: despachar orde xeral de execución a favor da parte executante, Ana Belén Queiro Mariño, fronte a Trece Noventa y Siete, S.L., por importe de 1.710,89 euros, máis 68,39 euros en concepto de xuro do artigo 1.100 do Código civil, máis 177,92 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros e custas.

Non despachar execución contra Union Business Factories, S.L., por estar en concurso, que se tramita no Xulgado do Mercantil número 1 da Coruña.

Este auto, xunto co decreto que ditará a letrada da Administración de xustiza, e copia da demanda executiva, serán notificados asemade á parte executada, tal e como dispón o artigo 553 da LAC. A executada queda apercibida para os efectos mencionados nos razoamentos xurídicos terceiro e cuarto desta resolución, e conforme dispoñen os artigos 251.2 e 239.3 da LXS.

Contra este auto poderase interpor recurso de reposición, ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, en que ademais de alegar as posibles infraccións en que puidese incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, se poderá deducir a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que acaecesen con posterioridade á súa constitución do título. A compensación de débedas non será admisible como causa de oposición á execución.

Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 3, aberta no Banco de Santander, conta nº 5076 0000 64 0080 16. Se o depósito se fai mediante transferencia bancaria deberase depositar na conta número 00493569920005001274, e no campo «concepto» deberá indicar o número de conta «5076 0000 64 0080 16». Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un depósito por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

O/a maxistrado/a xuíz/a. A letrada da Administración de xustiza.

Parte dispositiva:

Acordo, en cumprimento do requisito contido no artigo 276.3 e previo á estimación na presente executoria da pervivencia da declaración de insolvencia da parte executada Trece Noventa y Siete, S.L.:

– Dar audiencia previa a Ana Belén Queiro Mariño e ao Fondo de Garantía Salarial co fin de que, no prazo de quince días, poidan sinalar a existencia de novos bens. Do seu resultado acordarase o procedente.

– Póñase en coñecemento do Rexistro Público Concursal o auto do 29 de xullo de 2016 polo cal se despacha execución, con especificación expresa do número de identificación fiscal do debedor contra o cal se despachou execución (artigo 551.3, epígrafe final).

Notifíquese ás partes, e fágaselles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da Lei de xurisdición social, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados, e de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións intentadas neles sen efecto serán válidas ata que non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

A letrada da Administración de xustiza.

Advírtese os destinatarios de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación a Trece Noventa y Siete, S.L., Union Business Factories, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de xullo de 2016

A letrada da Administración de xustiza