Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Martes, 27 de setembro de 2016 Páx. 44127

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2016 pola que se anuncia o procedemento aberto para a contratación documentalmente simplificada da obra de reforma e acondicionamento dun local.

1. Poder adxudicador:

a) Organismo: Consellería de Facenda da Xunta de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio.

c) Numero de expediente: FA26/2016.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: obra.

b) Descrición do obxecto: execución das obras de reforma e acondicionamento dun local na rúa Progreso nº 38 de Ourense co fin de destinalo a oficinas para a Axencia Tributaria de Galicia.

c) CPV: 4520000-2.

d) Prazo de execución: o prazo de execución deste contrato é de quince (15) semanas. Comezará a contar a partir do día seguinte á subscrición da acta de comprobación da reformulación.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación:

– Relativos a criterios cualitativos (non avaliables mediante fórmulas): ata 25 puntos.

• Memoria xustificativa da oferta: ata 25 puntos:

– Programa de construción das obras: ata 10 puntos.

– Plan de mantemento: ata 10 puntos.

– Programa de actuacións ambientais e de seguridade e saúde: ata 5 puntos.

– Relativos a criterios cuantitativos (avaliables mediante fórmulas): ata 75 puntos.

• Oferta económica: ata 70 puntos.

• Ampliación do prazo de garantía e do mantemento: ata 5 puntos.

4. Orzamento base de licitación:

a) Prezo: catrocentos sesenta e seis mil douscentos trece euros con cincuenta e tres céntimos (466.213,53 €), IVE excluído.

b) IVE: noventa e sete mil novecentos catro euros con oitenta e catro céntimos (97.904,84 €).

c) Orzamento de xestión de residuos: catro mil seiscentos cincuenta e oito euros con cincuenta céntimos (4.658,50 €), IVE incluído.

5. Garantías:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do importe do orzamento base de licitación, excluído o IVE.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio, Servizo de Contratación e Réxime Interior da Consellería de Facenda.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, nº 3.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Teléfono: 981 54 57 14/981 54 41 40.

e) Telefax: 881 99 91 91.

f) Correo electrónico: contratacion@conselleriadefacenda.es.

g) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=65615.

h) Data límite de obtención de documentos: será a mesma que para a presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista:

Acreditarase por calquera das seguintes formas:

a) Clasificación: grupo C (Edificacións), categoría 3.

b) Solvencia:

– Económica e financeira: volume anual de negocios que referido ao ano de maior volume dos tres últimos concluídos sexa igual ou superior a 699.320,30 €.

– Técnica e profesional: relación de obras análogas executadas nos últimos dez anos cuxo importe anual acumulado no ano de maior execución sexa igual ou superior a 326.349,47 €.

8. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: ata as dezanove (19.00) horas do vixésimo sexto (26) día natural, contado desde o día seguinte ao de publicación deste anuncio no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada na cláusula 10 do PCAP.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado, na oficina do Rexistro Único e Información no Complexo Administrativo de San Caetano, 15781 Santiago de Compostela. Se as proposicións se cursan por correo haberá que aterse ao previsto na cláusula 10 do PCAP.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas: acto público.

a) Entidade e lugar: sala de xuntas da Consellería de Facenda.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, nº 3, 15781 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: publicaranse no perfil do contratante as convocatorias das mesas públicas para a apertura dos sobres B e C.

10. Gastos de anuncios:

Serán por conta do adxudicatario.

11. Perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=65615.

Poderase consultar tamén na seguinte páxina web:

http://www.conselleriadefacenda.es/web/portal/perfil-do-contratante.

Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2016

A conselleira de Facenda
P.D. (Orde do 9.1.2012)
Mª Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda