Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Martes, 27 de setembro de 2016 Páx. 44131

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 15 de setembro de 2016, da Dirección Xeral da Función Pública, polo que se notifica a resolución ditada con relación a un recurso de alzada.

Con data do 1 de setembro de 2016, o conselleiro de Facenda ditou resolución no que atinxe ao recurso de alzada formulado por María Carmen Vázquez Gestal contra a Resolución do 23 de xuño de 2016, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que, de conformidade co artigo 12 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, se fai pública a actualización definitiva de méritos correspondente ao ano 2015 das listas para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia.

Logo de tentar a notificación da citada resolución a través do servizo de Correos no domicilio indicado pola interesada para os efectos de notificacións, esta non se puido practicar, e foi devolta polo dito servizo por «descoñecido/a».

Polo exposto, esta dirección xeral, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, en virtude deste anuncio notifica a María Carmen Vázquez Gestal a resolución antes referida.

A interesada pode recoller a respectiva resolución mediante comparecencia nas dependencias da Subdirección Xeral de Réxime Xurídico e Relacións Laborais da Dirección Xeral da Función Pública (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 1-3º, Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas, no prazo de dez días contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2016

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública