Ao abeiro do disposto na disposición adicional segunda do Decreto 360/1998, do 4 de decembro, anúnciase que o director xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable ditou Resolución do 19 de setembro de 2016 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación por especial responsabilidade, dun posto de traballo de xefe/a da Área de Sistemas de Xestión e Recursos Humanos no Cixtec. A asignación da praza está á disposición dos interesados no taboleiro de anuncios e nas dependencias do referido centro (rúa Domingo Fontán 9, Santiago de Compostela).
Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2016
M. Mauro Fernández Dabouza
Director xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria,
Económico-Financeira e Contable