Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Luns, 26 de setembro de 2016 Páx. 44017

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 3 de agosto de 2016, da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de avaliación colexiada, do posto de xefatura da Sección de Reumatoloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra.

Advertido un erro na citada resolución, publicada por anuncio no Diario Oficial de Galicia núm.166, do 2 de setembro de 2016, cómpre efectuar a oportuna corrección na adxudicación do posto:

Na páxina 38963, punto primeiro, onde di: «Adxudicar o posto de xefatura de servizo de Reumatoloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra a Susana Mª Romero Yuste, aspirante que acadou a maior puntuación.», debe dicir: «Adxudicar o posto de xefatura de sección do Servizo de Reumatoloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra a Susana Mª Romero Yuste, aspirante que acadou a maior puntuación.».