Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Venres, 23 de setembro de 2016 Páx. 43749

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 1 de setembro de 2016 pola que se resolve o concurso de méritos para cubrir postos nos equipos de orientación específicos.

Mediante a Orde do 4 de abril de 2016 (DOG do 19 de abril) convocouse concurso de méritos para cubrir postos nos equipos de orientación específicos.

En aplicación do disposto no artigo 10 da citada convocatoria, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

DISPÓN:

Primeiro. Facer pública, no anexo a esta orde, a adxudicación definitiva das prazas obtidas no concurso público convocado pola referida orde.

Segundo. De conformidade co establecido no artigo 10.3, as prazas adxudicadas serán con carácter definitivo, polo que as persoas seleccionadas se deberán incorporar con data de 1 de setembro de 2016 e cesar no seu destino de procedencia o 31 de agosto dese ano.

Terceiro. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesantes poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1993, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2016

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Especialidade

EOE

Nº de prazas

Aspirantes preseleccionados

Sobredotación intelectual

Lugo

1

Pardeiro López, Evaristo Carlos

Orientación vocacional e profesional

Lugo

1

Deserta

Discapacidade sensorial

Ourense

1

Deserta

Trastornos de conduta

Pontevedra

1

Deserta

Trastornos xeneralizados do desenvolvemento

Pontevedra

1

Sánchez López, Elena