Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Xoves, 22 de setembro de 2016 Páx. 43441

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 29 de agosto de 2016, da Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral, pola que se procede á publicación das subvencións concedidas en virtude da Orde do 30 de novembro de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria pública para a programación de accións formativas dirixidas prioritariamente ás persoas traballadoras desempregadas na Comunidade Autónoma de Galicia correspondente ao exercicio de 2015.

Advertido erro na devandita resolución publicada no Diario Oficial de Galicia número 171, do 8 de setembro de 2016, é necesario facer as seguintes correccións:

Na denominación da resolución, onde di: «... en virtude da Orde do 30 de novembro de 2014...», debe dicir: «... en virtude da Orde do 30 de decembro de 2014...».

Na páxina 39427, no cadro onde figuran as subvencións concedidas, non debe figurar a seguinte:

2015-1412

G36818367

Forga

ADGG0508-Operacións de gravación e tratamento de datos e documentos

33.268,50 €

11.03.323A.481.0