Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Mércores, 21 de setembro de 2016 Páx. 43347

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 23 de agosto de 2016, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se fai público o informe de impacto ambiental do proxecto de ampliación dunha explotación de coellos no concello de Quintela de Leirado, promovido por Enriqueta Alfonso Pereira (expediente 2016/0107).

De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 47, número 3, faise público o informe de impacto ambiental do 22 de agosto de 2016 relativo ao proxecto de ampliación dunha explotación cunícola, sito no lugar dos Teares, no concello de Quintela de Leirado (Ourense), promovido por Enriqueta Alfonso Pereira.

Este informe pódese consultar na seguinte ligazón:

http://www.cmati.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).

Santiago de Compostela, 23 de agosto de 2016

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental