De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 47, número 3, faise público o informe de impacto ambiental do 22 de agosto de 2016 relativo ao proxecto de ampliación dunha explotación de vacún leiteiro, sito no lugar de Treilán, no concello de Guntín (Lugo), promovido pola SAT Carboeiro.
Este informe pódese consultar na seguinte ligazón:
http://www.cmati.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).
Santiago de Compostela, 23 de agosto de 2016
Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental