Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Luns, 19 de setembro de 2016 Páx. 43192

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 31 de agosto de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se fai pública a Resolución do 30 de agosto de 2016, de autorización de cambio de actividade forestal a agrícola da parcela 1082 (recinto 2) do polígono 5 do termo municipal do Páramo (Lugo).

En cumprimento do establecido no artigo 48 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, faise público que, de acordo co establecido no artigo 60.1.c) da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, a Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo autorizou, mediante a Resolución do 30.8.2016, o cambio de actividade forestal a agrícola na parcela 1082 (recinto 2) do polígono 5 do termo municipal do Páramo (Lugo).

O proxecto foi sometido previamente a avaliación ambiental simplificada e o informe de impacto ambiental foi formulado con data do 28.6.2016. O anuncio foi publicado no DOG nº 146, do 3 de agosto.

Lugo, 31 de agosto de 2016

José Ramón Losada Fernández
Xefe territorial de Lugo