Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Luns, 19 de setembro de 2016 Páx. 43190

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 26 de agosto de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican as resolucións ditadas nos procedementos tramitados por esta xefatura (expediente 1999/627/27 e sete máis).

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas interesadas que se indican a continuación as resolucións ditadas polo xefe territorial nos expedientes administrativos instruídos conforme o disposto na Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia, despois dos intentos de notificación realizados sen que fose posible practicar as ditas notificacións ou por descoñecer o domicilio do interesado.

As persoas interesadas poderán interpor recurso ás resolucións recaídas nos expedientes, definitivas en vía administrativa, no Xulgado de Primeira Instancia de Lugo que, por quenda, lles corresponda, no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte á data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, sen necesidade de reclamación administrativa previa, de conformidade co artigo 780.1 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

Os expedientes atópanse á disposición das persoas interesadas no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Política Social, rolda da Muralla, 70, planta baixa onde, no prazo de dez (10) días contados desde o día seguinte á data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, poderán comparecer para os efectos do coñecemento do contido íntegro das resolucións, de luns a venres laborables das 9.00 ás 14.00 horas, advertíndolles que, de non facelo, se lles terá por notificadas.

Lugo, 26 de agosto de 2016

Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Interesado/a

Número de expediente

Asunto

Data da resolución

Mª Ernestina Sampaio Meilán

1999/627/27

Cesamento de medida e arquivamento

27.7.2016

Roberto Ares Solla

2003/64/27

Cesamento de medida e arquivamento

16.8.2016

Maritza Ribera Toro

2005/254/27

Cesamento de medida e arquivamento

5.7.2016

Severino Díaz Ares

2006/190/27

Cesamento de medida e arquivamento

30.9.2015

Rocío Rodríguez Pérez

2007/169/27

Cesamento de medida e arquivamento

9.8.2016

Pedro Brea Freire

2008/29/27

Cesamento de medida e arquivamento

11.7.2016

Mª Flora Cadavieco Vázquez

2013/61/27

Cesamento de medida e arquivamento

13.7.2016

Luis Fernando Arango

2015/172/27

Cesamento de medida e arquivamento

8.6.2016